É unha Asociación formada por socios, que son as nais, pais ou titores de alumnos do centro escolar.
Colabora co equipo docente e institucións para o bo funcionamento da escola.
Organiza o servizo de madrugadores
Organiza e supervisa o servizo de comedor
Organiza e realiza o seguimento das actividades extraescolares
Organiza festas (Samaín, Festa de fin de curso….) obradoiros, charlas, saídas culturais…
Forma parte con representación propia no Consello Escolar do centro
Atende e canaliza as inquietudes ou iniciativas dos pais e nais relacionadas coa escola, a través das institucións escolares, o Consello, os delegados de curso e as comisións.