PRAZOS
Non terán efecto as comunicadas fóra de prazo nin con defectos de forma.
Inicio curso: As inscricións de inicio de curso 2026-2027 poderán realizarse desde o día 8 de Xunio ata o día 31 de Agosto ambos incluídos. O servicio de cambiadores poderes contratar ata o 5 de setembro (data por confirmar).
Durante o resto do curso: novas altas, baixas ou modificacións sobre a alta inicial poderanse realizar ata o día 26 do mes en curso
OPERATIVA
Para facer uso do comedor é necesario pagar unha cota de 50 euros anuais en concepto de matrícula.
Para as familias socias do ANPA, a matrícula será gratuíta.
Este ano Jardanay ten unha nova web para inscribirse, a alta realizase en dúas fases:
FASE 1
- Entra na web https://www.comedores.jardanay.es e pincha en «Regístrate».
- Envía o teu nome, mail e centro escolar.
- Jardanay enviarache un link e contrasinal de acceso. Unha vez na túa páxina poderas cambiar o teu contrasinal no apartado «Mi perfil».
- Entra no perfil xeral e rechea a información: os teus datos, o do resto de tutores/as, persoas autorizadas e dos teus fillos/as.
- Perfil de fillo/a. Cubre toda a información solicitada incluindo a información sobre dietas especiais.
- Jardanay revisará os perfís xerales/familiares e dos nenos para aprobalos. Se falta algunha información vos avisaran.
FASE 2
- Na pestaña onde está a información dos teus fillos/as. No listado xeral, pincha no icono de cadraditos «asignar servicios» que ten cada un deles.
- Escolle o servizo e a modalidade que precises. Dalle a gardar. Podes seguir engadindo servizos para ese ou outro fillo/a.
- Jardanay revisara a solicitude e se está todo correcto, aprobarana.
- Recibiras un correo co servizo autorizado e a data de inicio.
Recordar que se precisas dunha dieta especial, deber recibir tamén a autorización do departamento de Dietas.
SEGURO DE ACCIDENTES
Jardanay conta cun seguro de accidentes (caídas etc.) de 11 euros/ano que se abona coa primeira mensualidade. Se o alumno necesitase atención sanitaria cuberta polo noso seguro, é imprescindible avisar ao coordinador/a de o centro. No caso de posteriores consultas, é necesario contar coa autorización da oficina de Jardanay. O alumnado esporádico, así como aqueles/as que teñan beca comedor, deberán aboar o seguro escolar na web www.vales,jardanay.es.
SERVIZO DE CAMBIADORES
A través deste servizo, destinado ao alumnado de Educación Infantil, o persoal de Jardanay desprazarase ao centro para cambiar o neno se fose necesario. O horario de atención é durante o horario escolar (durante as clases), as clases de madrugada e a hora do xantar. Se tes algunha dúbida sobre este servizo, ponte en contacto co seguinte enderezo de correo electrónico: cambiadores@jardanay.es.
DÍPTICO
A continuación poderedes descargar o díptico para este ano: