• Saltar al contenido principal
  • Saltar a la barra lateral principal

Anpa Lavandeira - CEIP Vila de Rutis

Anpa Lavandeira - CEIP Vila de Rutis

  • Anpa
    • ¿Qué e a ANPA?
    • Xunta Directiva
    • Normativa
    • Estatutos
    • Subvencións recibidas
  • Faite Socio
    • Vantaxes dos socios
    • Inscrición como socio
    • Descontos
  • Comedor
    • MENÚS DO COMEDOR
      • MENÚS PRIMEIRO TRIMESTRE
      • MENÚS SEGUNDO TRIMESTRE
      • MENÚS TERCEIRO TRIMESTRE
    • Menú almorzo / madrugadores
    • Alta no comedor e/ou madrugadores CURSO 2024-25
    • Empresa encargada
    • Funcionamiento servizo comedor
    • Funcionamiento servizo Madrugadores
    • CIRCULARES COMEDOR
    • Regulamento de comedor
  • Actividades
    • Extraescolares
    • Regulamento das Actividades Extraescolares
    • Festas
  • Destacados
    • Libros de Texto e Material Escolar
    • Circular inicio de curso 23/24
    • CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024
    • Mandilón Infantil
  • Contacto
  • Localización

MAÑAS DE CAMPAMENTO – CAMPAMENTOS DE VERAN – Concello Culleredo

posted on 28 marzo, 2023

A Concellaría de Participación Cidadá, Educación e Medio Rural pon en marcha un ano máis o programa Mañás de campamento.

O obxectivo é facilitar ás familias de Culleredo a conciliación da vida familiar e laboral en períodos non lectivos de verán, dentro de espazos formativos para a aprendizaxe dun ocio san.

O programa está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos matriculados en Educación Infantil ou Primaria.

Iniciarase o luns 26 de xuño e rematará o día 1 de setembro, en distintas quendas entre as que escoller unha.

A solicitude farase a través dun formulario.

SOLICITUDE DE PRAZA

 Do 10 ao 21 de abril (ambos os dous incluídos), de dúas maneiras:

  1.  Prioritariamente, a través do formulario correspondente.  O formulario estará aberto desde o día 10 de abril ás 00:00 h ata o 21 de abril ás 23:59 h. Para acceder ao formulario é necesaria unha conta de Gmail/Google.  Se non dispós de conta de Gmail/Google, podes poñerte en contacto co Servizo municipal de Educación para buscar unha alternativa.

  1. Nos casos nos que non se poida acceder ao formulario, de forma presencial os mesmos días en horario de 09:00 a 14:00 h no Edificio de Servizos Múltiples. Aínda que non é imprescindible, se concertas cita previa no teléfono 981665597 axúdasnos a organizarnos mellor e atenderémoste de preferencia.

Podedes consultar toda a información sobre tarifas, listaxes, normas e prazos, así como acceder ao citado formulario, na seguinte ligazón.

Publicado en: Sin categoria

Barra lateral principal

 Formas de contactar:

Teléfono e WhatsApp ANPA:
722 851 155

Teléfono CEIP VILA DE RUTIS:
881 960 920

Coordinadora comedor (CONCHI) - Non chamar de 13:30 a 15:00
600 056 914

Mais información nas nosas redes sociais:

Instagram

Telegram

Correos electrónicos do ANPA:

anpalavandeira@gmail.com
extraescolaresanpalavandeira@gmail.com

 

Buscador

Descargas

Alojamiento cedido por Jacaba Coruña