PRAZOS
- Inicio curso: As inscricións de inicio de curso 2024-2025 poderán realizarse desde o día 1 de Xullo ata o día 31 de Xullo incluído.
- Durante o resto do curso: novas altas, baixas ou modificacións sobre a alta inicial poderanse realizar ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas unicamente a partir do día 1 do mes seguinte.
- Non terán efecto as comunicadas fóra de prazo nin con defectos de forma.
OPERATIVA
Para facer uso do comedor é necesario pagar unha cota de 50 euros anuais en concepto de matrícula.
Para as familias socias do ANPA, a matrícula será gratuíta
Os formularios cumprimentaranse exclusivamente a través da páxina web de Jardanay (buscando o noso centro CEIP VILA DE RUTIS). Non se poderán realizar altas, baixas ou modificacións por teléfono nin por correo electrónico.
As claves para acceder á área privada do centro son:
WEB JARDANAY https://jardanaycomedores.es
- Usuario: viladerutis
- Contraseña: comedores2024
Unha vez dentro da zona privada, os diferentes formularios aparecerán na parte esquerda da pantalla. No caso de querer solicitar máis dun servizo ou para máis dun neno ou nena, deberase encher e enviar un formulario por cada un deles de cada vez.
Se o formulario está correctamente rexistrado, recibirase unha copia da solicitude ao correo electrónico. Esta copia equivale a unha confirmación da praza, a menos que a empresa póñase en contacto por algún problema concreto.
Para facer uso do servizo de forma esporádica, é necesario estar rexistrado/a en esta modalidade e, no caso do comedor, avisar o día anterior a acudir mediante teléfono (ao coordinador/a) ou por correo electrónico.
COSTE DO SERVICIO DE COMEDOR E MADRUGADORES
SEGURO DE ACCIDENTES
Jardanay conta cun seguro de accidentes (caídas etc.) de 9 euros/ano que se abona coa primeira mensualidade. Se o alumno necesitase atención sanitaria cuberta polo noso seguro, é imprescindible avisar ao coordinador/a de o centro. No caso de posteriores consultas, é necesario contar coa autorización da oficina de Jardanay.
Colabora